Esperamos que disfrutedes con todos os traballos e propostas do curso.

xoves, 29 de xuño de 2017

O Vales fala. Monicreques

O alumnado de 2º C ofrécenos esta obra de teatro, representada con monicreques e titulada: Bob e Gato mortos de fame.


video

O Vales fala. Marmelada de cabaza

O alumnado de 2º E explícanos como se elabora a marmelada de cabaza.

video


martes, 30 de maio de 2017

Contos pola igualdade

Alumnado de secundaria e bacharelato dos IES Francisco Aguiar e As Mariñas acudiron ao centro para compartir con nós unha serie de contos. A temática que elixiron, na maioría dos casos, está relacionada coa igualdade de xénero. Os contos gustáronnos moito, agora temos que pensar sobre eles...


mércores, 17 de maio de 2017

Mil palabras polo galego

Cada un de nós elixiu unha palabra galega á que lle temos un especial aprezo. Xuntámolas todas para pedir miles de anos máis para o galego.
O concello colaborou con nós, a través do seu Servizo de Normalización, e as nosas plabaras colgan do edificio Arquivo cunha mensaxe para todas e todos:

 

O Vales fala. Creamos contos

Dende 2º C chéganos este conto creado polo grupo:

video

venres, 5 de maio de 2017

Letras Galegas 2017. Carlos Casares

Achéganse as datas de conmemoración das nosas letras.
Este ano o Día das Letras Galegas está adicado a Carlos Casares.
Na marxe esquerda deste blogue podedes atopar diferentes páxinas que dan a coñecer ao autor e nos ofrecen recursos para traballar nas aulas.
Os enlaces seguintes mostránnos a súa obra infantil e xuvenil:











(Premede en cada imaxe)

luns, 17 de abril de 2017

venres, 7 de abril de 2017

Creamos poemas

Este trimestre adicámonos á poesía, no mes de xaneiro fixemos unha pequena recollida de poesía popular, no mes de febreiro Rosalía foi o noso punto de atención e en marzo seguimos empapándonos en poesía para crear os nosos propios poemas.
Coa colaboración do Concello de Betanzos, a través do seu servizo de Normalización lingüística e a concellaría de comercio, estamos a por en marcha a campaña Betanzos. Poesía no comercio.
A proposta pretende darlle a máxima difusión ás creacións poéticas do noso alumnado. Uns trescentos poemas espallaranse por todo Betanzos grazas á colaboración de diversos comerciantes locais.
Hai poemas de todo tipo: longos, curtos, suxeitos á rima, libres, sentimentais, descritivos, humorísticos... Diversos coma diversa é a nosa comunidade.
Xogamos coas palabras, aprendemos e divertímonos.
O noso agradecemento a todos os participantes nesta actividade.

luns, 20 de marzo de 2017

O Vales fala. Perú. A pataca

Seguimos investigando sobre os diferentes países aos que Leo e Mariña queren viaxar, isto é o que averiguamos sobre as patacas, orixinarias de Perú.

Preme na imaxe para escoitalo

xoves, 16 de marzo de 2017

O Vales fala. Recomendamos libros

A historia de Erika
Ruth Vander Zee, Roberto Innocenti. Ed. Kalandraka

video

O Vales fala. Poesía

No mes de marzo, conmemórase o Día mundial da Poesía (o día 21), e o noso alumnado ofrécenos algunha mostra deste xénero literario:

video

domingo, 12 de marzo de 2017

O Vales fala. Mulleres

8 de marzo. Día internacional da MULLER:

video


Rosalíate

Un ano máis, sumámonos á proposta da Asociación de escritores en lingua galega para conmemorar o Día de Rosalía, neste caso, titulada #Rosaliate
Fixemos carautas e escollemos versos de Rosalía, este é o resultado:

video
video
video
video

mércores, 1 de marzo de 2017

Día de Rosalía. Homenaxe na aula de cultura

O Concello de Betanzos e a Asociación cultural Eira Vella organizaron un acto de homenaxe a Rosalía de Castro. O noso colexio participou xunto a outros centros da localidade e asociacións culturais coma o coro de Coirós ou a Asociación A Fuliada.
Aquí podedes ver as actuacións do noso alumnado:


video
video
video
video
video
video
video

sábado, 25 de febreiro de 2017

Rosalía de Castro. Bos amores

Nenas e nenos de 1º de EP ilustran o poema Bos amores, do libro Follas Novas.

Cal olido de rosas que sai de antre o ramaxen
nunha mañán de maio, hai amores soaves
que n'inda vir se sinte, nin se ve cando entraren
pola mimosa porta que o corazón lles abre
de seu, cal se abre no agosto
a frol ó orballo da tarde.

E sin romor nin queixa, nin choros, nin cantares,
brandos así e saudosos, cal alentar dos ánxeles,
en nós encarnan puros, corren coa nosa sangre
i os ermos reverdecen do esprito onde moraren.
Busca estes amores..., búscaos,
si tes que chos poida dare;
que éstes son sóio os que duran
nesta vida de pasaxen.


Presentámolas acompañadas da interpretación musical de Narf, a quen queremos render homenaxe:


video

luns, 20 de febreiro de 2017

O Vales fala. Rosalía de Castro

Nenas e nenos recitan poemas de Rosalía:

                                    Preme en cada imaxe para escoitalos

                     video

luns, 13 de febreiro de 2017

Rosalía de Castro

O día 24 de febreiro conmemórase o Día de Rosalía, data que coincide coa do nacemento da autora no ano 1837.
Para que coñezades a súa vida e a súa obra a biblioteca ofrécenos estas dúas presentacións:




Tamén recopilaron varios materiais que elaboraron outros colexios e institucións para que continuedes adentrándovos na figura desta importante escritora.







Biblioteca do CEIP Pilar Maestú Sierra. A Pobra do Caramiñal

CEIP Alexandre Bóveda

Biblioteca Caracola Tola


Pasapalabras.genmagic.org


Biblioteca da Caracola Tola

CP Nuestra Señora de los Ángeles. El Esparragal. Murcia




martes, 7 de febreiro de 2017

Poesía de tradición oral III

Mariña Erias, de 6º A, pedíu aos seus familiares que cantaran cantigas populares, escoitade.


Hugo Canle, de 6º C, canta unha cantiga de Nadal titulada O neno que dorme:


Poesía de tradición oral II

Nesta ocasión son os nenos e nenas de 5º A os que nos mostran os poemas que recompilaron.

video

Poesía de tradición oral I

Durante o mes de xaneiro o noso alumnado fixo un labor de recompilación de poemas de tradición oral, nela atopamos cantos de Nadal, poemas, cantigas, refráns, trabalinguas.
Aquí podedes ver a que fixeron os nenos e nenas de 5º C.


video

venres, 27 de xaneiro de 2017

Xabarín Club

A CRTVG ofrece xa a súa programación infantil a través dunha nova aplicación, XabarínTVG, dispoñible para móbiles e tabletas, con todas as series de animación en galego que se emiten pola TVG2 dentro do espazo Xabarín Club.

Gozade de todos estes contidos audiovisuais en galego!!!


venres, 13 de xaneiro de 2017

Ganadores do I Concurso de cartas aos Reis Magos

O Concello de Betanzos convocou este Nadal o primeiro concurso de cartas aos Reis Magos, os rapaces e rapazas do noso colexio participaron expresando o que eles desexan para toda a sociedade: paz, solidariedade, igualdade...
Velaquí o resultado do concurso:

PREMIADOS/AS NO 1º CONCURSO DE CARTAS AOS REIS MAGOS

1ª CATEGORÍA. EDUCACIÓN INFANTIL
1º PREMIO: Noa Moure Valeiras (6º E.I. CEIP Fco. Vales Villamarín)
ACCÉSIT: Aloia Pena Vázquez (5º E.I. CEIP Fco. Vales Villamarín)

2ª CATEGORÍA. EDUCACIÓN PRIMARIA (1.º E 2.º)
1º PREMIO: Daniela Franco Vázquez (2º E.P. CEIP Fco. Vales Villamarín)
ACCÉSIT: Juana Barreiro Sánchez (2º E.P. CEIP Fco. Vales Villamarín)

3ª CATEGORÍA. EDUCACIÓN PRIMARIA (3º E 4º)
1º PREMIO: Ashley Rivero Casal (4º E.P. CPR Nosa Señora do Carme “Atocha”)
ACCÉSIT: Silvia Novo Roca (3º E.P. CEIP Fco. Vales Villamarín)

4ª CATEGORÍA. EDUCACIÓN PRIMARIA (5º E 6º)
1º PREMIO: Mariña Erias Castro (6º E.P. CEIP Fco. Vales Villamarín)
ACCÉSIT: Nicolás López González (6º E.P. CEIP Fco. Vales Villamarín)

5ª CATEGORÍA. ALUMNADO CON DIVERSIDADE FUNCIONAL

1º PREMIO: Macarena Barcia Graíño (Centro Pai Menni)

Noraboa a todas e todos.
Esperamos que os Reis Magos atenderan as peticións de todos os participantes e cumpran os seus desexos.

luns, 9 de xaneiro de 2017

O Vales fala. Comidas de Marrocos

Croquetas de polo e dátiles:


video

Mechoui:
video

Brochetas de cordeiro e pemento con cuscús:

video

Galletas recheas de nata:

video



domingo, 8 de xaneiro de 2017

O Vales fala. Comidas de Venezuela

Nenas e nenos de 3º explican como se elaboran algúns pratos típicos de Venezuela.


Premede nas imaxes para escoitalos

luns, 2 de xaneiro de 2017