Esperamos que disfrutedes con todos os traballos e propostas do curso.

luns, 27 de abril de 2015

A Esmorga na Aula de Cultura Xulio Cuns

O Concello de Betanzos proxecta o filme A Esmorga de Ignacio Vilar na Aula de Cultura Xulio Cuns ás 20:30 h o vindeiro sábado 2 de maio dentro das actividades con motivo do Programa das Letras Galegas 2015 que bota a andar no mes de maio.
A esmorga é un filme galego baseado na novela de Eduardo Blanco Amor, unha crónica tensa e intensa de vinte e catro horas na vida de tres homes, compañeiros de esmorga . Este filme obtivo este ano seis galardóns os Mestre Mateo e foi a primeira longametraxe galega que estivo nominada aos Premios Goya; tamén tivo un éxito total de público nos cinemas na categoría de películas con menos de cen copias para a súa distribución.