Esperamos que disfrutedes con todos os traballos e propostas do curso.
luns, 28 de abril de 2014
venres, 25 de abril de 2014
xoves, 24 de abril de 2014
Mini e Mero
O vindeiro martes 29 de abril ás 16:30 teremos connosco a Mini e Mero (músicos, poetas, mestres, investigadores do folklore e a cultura tradicional galega e membros históricos de Fuxan os Ventos).
Pasaremos unha boa tarde con eles.
Pasaremos unha boa tarde con eles.
A actividade está aberta a toda a comunidade educativa: pais, nais, nenos, nenas, mestres...
Esperámosvos a tod@s na sala de usos múltiples do colexio.
Esperámosvos a tod@s na sala de usos múltiples do colexio.
O aforo está limitado pola capacidade da sala.
mércores, 23 de abril de 2014
O día do Libro
Hoxe é o día do libro. Para celebralo, os nenos de terceiro léronlles un libro aos nenos de sexto e os nenos de primeiro léronlles aos de cuarto. Os nenos de sexto déronlles unha sorpresa léndolles uns poemas aos de terceiro. Podedes atopar máis información no blogue da biblioteca.
venres, 11 de abril de 2014
Estrea do espectáculo "As fabas máxicas" o sábado 12 de abril en Betanzos
Ola a todos!
O vindeiro sábado 12 de
abril ás 18:30 h terá
lugar a estrea do espectáculo familiar "As fabas máxicas" de
Caramuxo Teatro na Aula de
Cultura Xulio Cuns (Liceo). Esta obra está
inspirada no coñecido conto "Xan e as fabas máxicas" e está
organizada dentro da Rede de Dinamización Lingüística da Secretaría Xeral de
Política Lingüística en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística do
Concello de Betanzos.
A entrada é libre e de balde ata completar o aforo. Esta
representación está dirixida a nenos e nenas a partir de 4 anos e o obxectivo é que a cativada se achegue ao
teatro en galego por medio dunha obra de coidada estética na que o humor, a
emoción e a palabra van da man. Caramuxo Teatro contará a historia de Xan que
tras criarse na aldea coa súa avoa vive agora de adulto nun apartamento en Nova
York. Un día, coidando as plantas da súa terraza, descobre algo que lle fai
lembrar unha infancia chea de aventuras.
Esperemos que vaiades e que vos guste moito!!
mércores, 9 de abril de 2014
luns, 7 de abril de 2014
mércores, 2 de abril de 2014
Día do libro infantil
O día 2 de abril celébrase o Día do Libro Infantil e con ese motivo deixamos aquí esta actividade para os máis pequenos. Así poderán aprender algunha cousiña máis sobre as bibliotecas. Grazas ós autores por facela e compartila con tod@s.
Consultade o blogue da biblioteca, alí atoparedes cousas moi interesantes.
Consultade o blogue da biblioteca, alí atoparedes cousas moi interesantes.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)