Esperamos que disfrutedes con todos os traballos e propostas do curso.

venres, 7 de marzo de 2014

Obradoiro de filloas

Ola! 
Hoxe entrevistamos ás nais e avoas que acudiron ao obradoiro de filloas do Vales Villamarín.
Dixeron que lles gustara moito a idea de facer este obradoiro de filloas e que repetirían o próximo ano, ou antes se fose posible.  Aos nenos tamén lles gustou.
As filloas estaban feitas de ovo, fariña, auga e sal.
Non son difíciles de facer!!!