Esperamos que disfrutedes con todos os traballos e propostas do curso.

venres, 28 de marzo de 2014

Concerto didáctico

Hoxe os alumn@s de Primaria acudiron ó concerto didáctico ofrecido por Arcos Iris no edificio de O Liceo de Betanzos. Esperamos que disfrutaran moito e ...  para aqueles que queiran expresar as súas opinións, xa sabedes que podedes facelo deixando aquí os vosos comentarios. Recordade deixar o voso nome e curso, xa que algúns llos faremos chegar ó grupo Arcos Iris para que os publiquen na súa páxina web.
Intentade escribir correctamente, sen mesturar o galego e o castelá e procurando non cometer faltas de ortografía. Podedes pedirlle a alguén que volo revise antes de enviárnolo.