Esperamos que disfrutedes con todos os traballos e propostas do curso.

luns, 31 de marzo de 2014

venres, 28 de marzo de 2014

Concerto didáctico

Hoxe os alumn@s de Primaria acudiron ó concerto didáctico ofrecido por Arcos Iris no edificio de O Liceo de Betanzos. Esperamos que disfrutaran moito e ...  para aqueles que queiran expresar as súas opinións, xa sabedes que podedes facelo deixando aquí os vosos comentarios. Recordade deixar o voso nome e curso, xa que algúns llos faremos chegar ó grupo Arcos Iris para que os publiquen na súa páxina web.
Intentade escribir correctamente, sen mesturar o galego e o castelá e procurando non cometer faltas de ortografía. Podedes pedirlle a alguén que volo revise antes de enviárnolo.

Recitado de 2ºC

Un recitado máis. Os nen@s de 2ºC recitan unha poesía do libro Lueiro de papel de Antonio García Teijeiro.


xoves, 27 de marzo de 2014

Recitado 2ºA

... E coma todas as semanas aquí tedes un novo recitado da nosa cadea. Esta vez recitan os nen@s de 2ºA.


mércores, 26 de marzo de 2014

O obradoiro de filloas en imaxes.

Xa está aquí a selección de imaxes do obradoiro de filloas realizado o 7 de marzo. Por certo estaban moi boas. Parabéns ás nais e avoas que traballaron para tod@s os nen@s de infantil facendo filloas ó longo de toda a mañá.

Receitas de Antroido

Por fin temos listo o receitario de Antroido. Fixemos unha pequena selección coas receitas que nos enviáchedes en galego.Tede en conta que algunhas están escritas por nenos e poden ter erros. Aquí volo deixamos para que intentedes elaborar algunha. Grazas pola vosa colaboración.





venres, 21 de marzo de 2014

Recitado de 4ºD

Ola!
Os alumnos de 4ºD fixeron un recitado, que está dividido en 2 partes.
Aquí tedes a primeira:  
                                           

E aquí a segunda!

mércores, 19 de marzo de 2014

luns, 17 de marzo de 2014

Versos de Rosalía

Se queredes ver máis traballos de Rosalía visitade o blog da biblioteca.

mércores, 12 de marzo de 2014

Abecedario da Paz de 6º

Aínda nos quedaban un par de vídeos que gravaron os compañeiros de 6º sobre o Abecedario da Paz. Esperamos que vos gusten.





martes, 11 de marzo de 2014

Todos somos capitáns

Mariña é unha nena de 3ºA que participou neste estupendo vídeo. Deixámolo aquí para que o disfrutedes e descubrades á vosa compañeira. Esperamos que vos guste.


venres, 7 de marzo de 2014

Obradoiro de filloas

Ola! 
Hoxe entrevistamos ás nais e avoas que acudiron ao obradoiro de filloas do Vales Villamarín.
Dixeron que lles gustara moito a idea de facer este obradoiro de filloas e que repetirían o próximo ano, ou antes se fose posible.  Aos nenos tamén lles gustou.
As filloas estaban feitas de ovo, fariña, auga e sal.
Non son difíciles de facer!!!


     

Homenaxe a Rosalía

O luns día 24 de Febreiro os nenos de 1º Ciclo xunto con dúas pandeireteiras de 5º curso fixéronlle unha homenaxe a Rosalía de Castro. 
A homenaxe iniciouse coa presentación  da vida de Rosalía, continuaron as pandeireteiras, os recitados e remataron cantando todos xuntos "Rosalía pequeniña".

  




sábado, 1 de marzo de 2014

Onte os alumn@s de Educación Infantil e Primeiro Ciclo de Primaria fixeron un desfile de Antroido e o próximo venres, día 7, os nenos e nenas de Educación Infantil seguirán celebrando o Antroido co Obradoiro de filloas, en colaboración coas familias.