Esperamos que disfrutedes con todos os traballos e propostas do curso.

venres, 31 de xaneiro de 2014

Hoxe a nosa canción da Paz número 1 é...

Vós, cos vosos votos, decidíchedes que o número 1 de hoxe sexa...
Estamos a xoves e... é o segundo día que estamos de número 1.
Venres ... e  seguimos de número 1. Está claro que esta canción foi a que tivo máis éxito entre tod@s.



Os votos da canción do martes témolos rexistrados no blogue e seguirán contando.

xoves, 30 de xaneiro de 2014

martes, 28 de xaneiro de 2014

Hoxe a canción número 1 da Paz é ...

            A canción número 1 foi a versión en galego de My rainbow race. Podedes seguir escoitándoa e votando no apartado de música.                             
Recordade, para escoller a vosa canción preferida picade en GÚSTAME e cambiaremos de número 1.

luns, 27 de xaneiro de 2014

Vota xa á túa canción preferida

Escoita as cancións e deixa a túa opinión. A que teña máis votos poñerémola cada día desta semana como primeira entrada na páxina de inicio.
Para votar, xa sabes, pon un tic en GÚSTAME ou envíanos a túa opinión a través dos comentarios.

Alfabeto da Paz de 5ºA de E.I

Os nen@s de 5ºA de E.I  xa nos fixeron chegar o seu alfabeto galego da Paz. Esperamos que vos guste.


domingo, 26 de xaneiro de 2014

O mundo é grande

Nerea de 4ºA enviounos esta canción no último momento, cando estabamos a publicar o fin da busca. Xa non publicaremos máis cancións e esta será a nosa última camiseta desta convocatoria. Como di o noso comunicado,a partires de agora toca opinar sobre cal é a que máis vos gusta. 

Rematamos a busca.

Hoxe rematamos a nosa busca de cancións, a partir de agora tedes que escoitalas e dicirnos cal é a que máis vos gusta. Escribide un comentario ou poñede un tic en GÚSTAME.
A canción que teña máis votos poñerémola ó principio da páxina de inicio.
A partires de mañá @s vos@s mestr@s terán a letra de todas elas xunto coa voz daquelas cancións que non podemos publicar. Escoitádeas e cantade tod@s xuntos.

Trocamos camisetas por cancións

Xa teñen camiseta polas súas cancións:
Jordi de 6ºA
Antón García 6ºA
Brais Pérez 4ºA
A clase de 1ºD
A clase de 3ºB do CPI Castro Baxoi.
A clase de 5ºD
Jenny de 5ºE
Mary carmen, a mestra de 5ºD
Nerea de 4ºA
A tod@s os que colaboraron nesta busca tan difícil e non conseguiron a tan desexada camiseta,
MOITAS GRAZAS E BO DÍA DA PAZ

Pensaremos en máis actividades para seguir agasallándovos. Seguide atentos.

14 cancións

Xa temos as 14 cancións pola Paz. Fáltannos as 2000 pombas que faremos entre tod@s. Esperamos a vosa colaboración para encher os corredores.

Verbas a un irmau.

Xa  temos a canción número 14, que nos enviaron dende o equipo de biblioteca..

sábado, 25 de xaneiro de 2014

Que vivan a Paz e o Amor!

Jenny de 5ºE enviounos unha canción en mp3  pero non podemos publicar o audio. Así que vos deixamos aquí a letra e a vosa mestra poñerávola na clase. Sentímolo. De todos os xeitos, para ela unha camiseta.

                              Cantemos collidos das mans este son:
que vivan a paz e o amor!
Unámolos pobos sen odio e rencor:
que vivan a paz e o amor!
Que tódolos nenos levanten as mans.
Que tódolos nenos levanten a voz:
Máis guerras non!
Máis odios non!
Que vivan a paz e o amor!
Amigo de lonxe, que importa o lugar?
Que vivan a paz e o amor!
Xuntémonos todos, cantemos en paz:
Que vivan a paz e o amor!
Que tódolos nenos 
unamos as razas
non importa a cor.
Que vivan a paz e o amor!
Os ricos e pobres
cantando ao amor.
Que vivan a paz e o amor!
Que tódolos nenos... "

Meu amor estoupa e Alegría

Os compañeiros de 1ºD tamén nos enviaron unha canción que se titula "Meu amor estoupa"  do CD "A nena e o grilo nun barquiño"e outra que se titula "Alegría" do CD "María Fumaca" . Da primeira podemos ofrecervos un anaco a través da páxina do autor. En canto teñamos a letra delas, deixarémola aquí..
Na clase a vosa profe pode poñervos o audio completo das dúas cancións.

 Meu amor estoupa

Podedes atopar os libros na biblioteca do cole.!!!!!!!

2000 pombas e 14 cancións pola Paz

Non te cortes coa lingua suma a súa proposta do abecedario á proposta do Equipo de biblioteca e o Equipo de Orientación para convertila en 2000 pombas e 14 cancións.
Xunto ós traballos que estades a elaborar do alfabeto galego, o Día da Paz elaboraremos 2 pombas cada un. Nunha escribiremos unha palabra ou expresión que teña que ver coa paz e que comece coa letra que lle corresponda e na segunda  unha frase que responda á cuestión: Que podemos facer nós pola PAZ?
Logo colgarémolas nos corredores.
En canto ás cancións, esperamos conseguilas. Opinade e decidide cal é a que máis vos gusta.
Neste momento xa temos 10!!!!!!!

A vós, irmáns

A mestra de 5º D (Mary Carmen) tamén nos enviou unha canción a través do noso enderezo electrónico. Teremos que regalarlle unha camiseta.

 A vós, irmáns
Grazas a Guillermo por permitirnos utilizar a canción.

venres, 24 de xaneiro de 2014

Irmaus

Os compañeiros de 5º D tiñan ganas dunha camiseta e buscaron unha canción ata atopala. É unha canción baseada nun poema de Celso Emilio Ferreiro. Prestádelle atención.

Quérote máis

Unha divertida canción que van cantar o Día da Paz os nen@s  do CPI Castro Baxoi. Envíannola os nen@s da clase de 3ºB dese cole que xa participaron tamén no noso concurso de adiviñas. Disque lle van cambiar unha frase no retrouso. Cando a canción di tortilla de patacas con xamón eles van dicir "eu teño gañas de cantarche con amor".
Grazas por seguirnos. Enviarémosvos outra camiseta.

Rumba das apertas

O traballo era ben difícil, pero que doado é cando tod@s colaboramos. Aquí tedes outra canción que nos enviou  a clase de 1º D a través do noso enderezo electrónico.

De que che vale

Brais Pérez de 4ºA, tes unha camiseta do noso blogue por enviarnos  unha canción tan chula.


Sorpresa de 3ºD

Un grupo de alumn@s de 3ºD sorpréndennos con esta cantiga e este baile que prepararon eles. Esperamos que o disfrutedes. Gústannos moito estas iniciativas.
Animádevos e se vós tamén sabedes facer algo relacionado co galego ou a cultura galega, aquí tedes o blogue para amosárnolo a todos.

 Pandeiretas e baile
Clica na imaxe para descargar o vídeo

xoves, 23 de xaneiro de 2014

Grazas

Damos as grazas ós compañeiros doutros coles e a tod@s os que fan estas cousas tan chulas e as comparten con todos nós.

Campás pola Paz.

Esta canción enviounola Jordi de 6ºA. Esperamos que que vos guste.  




Tempestades de sal

Antón García de 6ºA enviounos esta canción para que pensen os maiores e os non tan maiores.

Cantarela dos nenos

Un anónimo enviounos unha nova canción. Seguro que olvidou poñer o seu nome.



Aquí tedes outra versión da mesma canción.

Os nenos de 3ºA tamén recitan

Os nenos de 3ºA foron recitar a 3ºC. Se queredes ver o vídeo picade na imaxe para descargalo.

 Recitado de 3ºA

mércores, 22 de xaneiro de 2014

Comunicado dos reporteiros

Hoxe os nosos reporteiros leron pola megafonía do colexio o seguinte comunicado:  
Bos días  a todos!
Somos os reporteiros betanceiros  una vez máis. Xa sabedes que o día 30 de xaneiro celebraremos o Día da Paz e a Non Violencia.
Así que dende o blogue “Non te cortes coa lingua” estamos a buscar cancións da paz en galego.
Queredes unha camiseta do noso blogue?
Pois esta é a vosa oportunidade.
Buscade unha canción relacionada coa paz ou de valores positivos e enviádenos o título e onde atopala.
Xa temos dúas publicadas no blogue.
Non vale repetilas.Só contarán as que non estean publicadas.
Animádevos.
Hoxe imos poñervos un fragmento dunha que atoparon Yasmín e Carmen, as nosas reporteiras. Esperamos que vos guste.
Visitádenos e deixade nos comentarios cal é a vosa favorita.
Deixámosvos cunha versión en galego de My rainbow race.
Ata pronto. 
Pois xa sabedes, se queredes unha camiseta tedes que enviarnos unha canción en galego sobre a Paz e indicarnos onde atopar o vídeo para poder publicalo.

Os nen@s de 1ºE continúan co recitado en 1ºD

Clica na foto para ver o vídeo dos nen@s de 1ºE en 1ºD. Esperamos que vos guste.

 Recitado de 1ºE

sábado, 18 de xaneiro de 2014

Canción da paz - My rainbow race. Versión en galego

Buscamos cancións para a paz en galego. Non é un traballo doado porque non hai moito onde escoller. Se atopades algunha enviádenola e publicarémola. Nós seguimos buscando.
Aquí vos deixamos outra e esperamos que vos guste. 
                                           

martes, 14 de xaneiro de 2014

Cantamos con Luar na Lubre.

Xa sabedes que o 30 de xaneiro se conmemora o Día Escolar da Non-violencia e a Paz. Escoitade esta canción e ide pensando.

NO MUNDO 


NO MUNDO HAI TRES COUSAS QUE ME POÑEN MAL
AS GUERRAS, A FAME E A DESIGUALDAD(e)
NON SEXAS PASIVO E MÓVETE XA
AINDA HAI ESPERANZA, DEBEMOS LOITAR

COAS GUERRAS FRACASA A HUMANIDAD(e)

É UNHA CONSTANTE DE VOLTA PRA ATRÁS
MORTE, ENFERMIDADES E DESOLACIÓN
LEVÁNTATE, MÓVETE E DEIXA O SILLÓN

DA FAME, QUERIDOS, QUE VOS VOU DICER

MILLEIROS DE NENOS NON TEN QUE COMER
EN ASIA, AMERICA OU EN AFRICA
POLO BEN DESE MUNDO SOLIDARIDAD(e)

EN ASIA, AMERICA OU EN AFRICA

POLO BEN DO MUNDO...

domingo, 12 de xaneiro de 2014

Os doces de Mónica

Aquí tedes unha pequena mostra do día que Mónica e os nosos reporteiros fixeron os pasteliños de cabaza cos nenos de infantil.

xoves, 9 de xaneiro de 2014

Proposta para conmemorar o Día da Paz

Comezamos un novo ano e coma sempre neste mes de xaneiro imos conmemorar o DÍA DA PAZ. Dende o blogue propoñemos que cada aula elabore o seu Abecedario da Paz. Podedes pedir axuda ás vosas familias e amigos. Entre tod@s seguro que o conseguimos.
Cando o teñades listo colocádeo no taboleiro de "No Vales, en galego". Se queredes podedes gravalo e envialo a reporteirosbetanceiros@gmail.com  para que tod@s escoiten o voso ABECEDARIO DA PAZ no noso blogue.

sábado, 4 de xaneiro de 2014

As palabras do Nadal

Ó longo do mes de decembro os nosos taboleiros de"No Vales, en galego"  fóronse enchendo de palabras e debuxos de Nadal.


venres, 3 de xaneiro de 2014

Os nen@s de 3ºB continúan a cadea de recitados en 3ºA

O venres 20 de decembro os nen@s de 3ºB continuaron coa cadea de recitados na súa visita ós seus compañeiros de 3ºA.

 Recitado dos nen@s de 3ºB en 3ºA
Clica na imaxe para descargar o vídeo.